Deporte Galego

Presentadas as novas edicións das ligas internas de colexios, “Ligas Linco”, do C.B. Seis do Nadal - Coia

  • 27 Xaneiro 2015 |

- Máis de 200 nenos e nenas participarán nas novas edicións destas Ligas Linco 2015: a 13ª Edición Liga LINCO (benxamíns e alevíns) e 6ª Edición Liga LINCO XL (infantís e cadetes).

- O venres día 30 de xaneiro arrincan as competicións no pavillón de Navia ás 16:30 horas.

(Información: C.B. Seis do Nadal) O pasado luns día 26 de xaneiro do 2015 tivo lugar na Concellería de Deportes do Concello de Vigo a presentación aos medios das dúas novas edicións das Ligas Internas de Colexios, Ligas Linco, que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na presente tempada 2014/2015.

Coa presenza de Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, representado por Julio Rodríguez e Ramón Román, dous dos membros da súaXunta Directiva; e Sergio González, Director Deportivo da entidade; presentou as novas edicións das Ligas Internas de Colexios que organiza ano tras ano.

A partir do venres día 30 de xaneiro do 2015 xogaranse preto de 250 partidos entre as dúas competicións escolares. A Liga Linco de categoría minibásquet, dirixida a xogadores e xogadoras de 6 a 12 anos, cumpre xa o seu décimo terceiro aniversario e terá lugar todos os venres no pavillón de Navia de 16:15 h a 18:00 h. Pola súa banda, a Liga Linco XL, na que participarán rapaces e rapazas infantís e cadetes de 13 a 16 anos, desputarase cada dous venres nas pistas do pavillón de Balaídos de 18:00 h a 19:00 h.

Máis de 200 nenos e nenas participarán nas Ligas Linco 2015, escolares integrantes das Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas do Club Baloncesto Seis do Nadal: as escolas deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Colexio Labor; e das tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos e Navia.

As dúas novas Ligas Linco 2015 contarán co apoio de CLASS Escuela de Idiomas, así como coa colaboración de Larsa eBiscuits Galicia; e co apoio e reforzo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación Vigo en Deporte e a Federación Galega de Baloncesto.

A Presentación Oficial das Ligas Linco - CLASS 2015 terá lugar o próximo venres día 30 de xaneiro do 2015 a partir das 16:15 horas nos Pavillón Municipal de Navia, nun acto que suporá o pistoletazo de saída destas competicións interescolares.

O Concelleiro de Deportes vigués, Manel Fernández, reforzou o traballo realizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a prol do baloncesto de formación e destacou as dúas Ligas Linco como unha das actividades exemplares no ámbito do baloncesto escolar xa que aglutinan a un gran número de nenos e nenas practicando o deporte da canastra.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence