A Escola de Baloncesto Galén, en colaboración con Porta XI Ensino, C.B. Breogán e a propia Federación Galega de Baloncesto, propón para estas datas de Nadal unha alternativa de aprendizaxe deportiva a través das súas “III Xornadas de Tecnificación”, dirixidas a xogadores e xogadoras a partir dos 12 anos.
Levarase a cabo os días 22, 23, 24 e 26 de decembro, en horario de 11:00 h a 14:00 horas, no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. Nesta sede realizarase traballo individual e en grupos, formando estes en virtude da idade. Así mesmo, como novidade, levaranse a cabo nesta terceira edición adestramentos específicos orientados á recepción e finalización en distintas posicións.
Serán, en total, tres horas diarias, durante catro días, para exercitar a técnica e a táctica individual sen esquecer a importante componente lúdica do xogo.
Estas bases, e outros detalles máis concretos desta actividade, así como os requisitos precisos para realizar a inscrición, poden consultarse a través do enderezo web escolabaloncestogalen.blogspot.com ou con correo vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..