Asociación Basket Ourense e Club Ourense Baloncesto, co patrocinio de Federación Galega de Baloncesto e Coca-Cola, entre outras entidades, activan o “III Nadal Campus”, a celebrar entre os días 22 e 24 de decembro.
O Pavillón do Pompeo, no Instituto Otero Pedrayo da propia cidade das Burgas, acollerá a todos aqueles xogadores e xogadoras nados entre 2001 e 2009 que opten por formar parte da 3º edición deste Campus e traballar nel aspectos competitivos e técnicos vinculados con momentos de ocio e lecer.
Cunha cota de inscrición valorada en 40 euros (50 € si se engade o xantar), a inscrición para os interesados está habilitada para as primeiras 100 prazas a través do e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Por esta vía poderase ademais realizar calquera tipo de consulta respecto a actividade.
Os interesados que soliciten a súa participación neste II Nadal Campus farán fronte a unha axenda ben completa, a cal remitimos a continuación.
“III Nadal Campus ABO-COB”
22/12/14
Recepción 09:00 h. Pavillón dos Remedios.
10:00 h - 13:30 h Actividades
13:30 h - 15:30 h Xantar
16:00 h - 19:00 h Actividades Pavillón O Pompeo (IES Otero Pedrayo).
23/12/14
Recepción 09:00 h. Pavillón O Pompeo (IES Otero Pedrayo).
10:00 h - 13:30 h Actividades
13:30 h - 15:30 h Xantar
16:00 h - 19:00 h Actividades
24/12/14
Recepción 09:00 h. Pavillón O Pompeo (IES Otero Pedrayo).
10:00 h - 13:30 h Actividades
13:30 h Acto de Clausura