Deporte Galego

Universitario de Ferrol: XXIX Torneo 3x3 Minibasket - Nadal

  • 12 Decembro 2014 |

Universitario Ferrol suma unha edición máis, cumprindo xa 29, ao seu característico polo Torneo de 3x3 Mini, competición amigable que destaca sempre en datas de semana santa e Nadal.

 

O club da cidade departamental organiza esta cita os vindeiros días 22 e 23 de decembro, renovando a súa presenza con esta actividade no Polideportivo de Esteiro, contando co apoio da Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Ferrol, entre outras entidades e sponsors.

O Torneo 3x3 Minibasket - Nadal mantén nesta 29 edición a súa estrutura de xogo habitual: orientada a un total de 32 equipos alevíns ou benxamíns, que, englobados en catro categorías segundo o ano de nacemento (2003, 2004, 2005 e 2006), competirán en dobre xornada, a partir das 10:30 h.

inscrición
Os equipos interesados en participar desta nova cita co Torneo 3x3 Minibasket teñen aberta a posibilidade de tramitar a súa solicitude a través do envío da documentación precisa en persoa ou vía mail á Delegación FGB en Ferrol ou ao propio club ferrolán (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

As inscricións serán admitidas por rigorosa orde de recepción e o prazo límite para a súa entrega remata o próximo xoves ,18 de decembro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence