Deporte Galego

C.B. Breogán promove acordo para colaborar cos clubs da provincia de Lugo

  • 19 Novembro 2014 |
José Manuel Villamarín, Jesús Méndez e Antonio Veiga explicaron os termos do convenio
José Manuel Villamarín, Jesús Méndez e Antonio Veiga explicaron os termos do convenio

O CB Breogán segue avanzando no seu propósito de establecer lazos coas entidades baloncestísticas da súa zona de influenza.

O presidente breoganista, Antonio Veiga; o representante da Federación Galega, José Manuel Villamarín; e o director xeral de Caixa Rural, -entidade patrocinadora-, Jesús Méndez, presentaron este mércores un novidoso acordo dirixido aos clubs da provincia lucense e que inclúe: bonificacións de abonos para os federados, autocares para presenciar encontros do Breogán, e participación de xogadores e técnicos do Breogán en charlas, clínics e outras actividades en colaboración cos clubs asinantes.

Ademais, o Breogán abre as portas para que xogadores de equipos da provincia poidan participar en adestramentos co primeiro equipo.

A iniciativa arrinca con boa acollida sendo xa varios os clubs da provincia lucense que estamparon a súa sinatura neste acordo, o cal irá ampliando pouco a pouco o número de entidades adscritas.


volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence