Deporte Galego

Universitario Ferrol abre a Liga Feminina a todos os clubs galegos

  • 28 Octubre 2014 |
Universitario Ferrol abre a Liga Feminina a todos os clubs galegos
(Foto: Universitario Ferrol)

Universitario Ferrol achega a Liga Feminina a toda Galicia. O equipo da cidade departamental, inmerso de cheo na súa nova e apaixonante temporada na máxima categoría do baloncesto feminino nacional, abre a todos os clubs e colexios da Comunidade a posibilidade de desfrutar, en directo, dos seus partidos de Liga como local.

Dende a entidade colexial convidan aos clubs galegos a presenciar un dos seus encontros de xeito gratuíto, unicamente cumprindo o requisito previo de enviar un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. no que indicar: Nome do colexio e club, número de xogadores e xogadoras que se desprazan (entre 20 e 50 acompañados de varios adultos) e nome do responsable do grupo. Este mail debe enviarse o xoves anterior á data do partido elixido.

O Universitario habilitará un lugar reservado no Pavillón de Esteiro para que os convidados poidan ollar o xogo en conxunto e desde una posición privilexiada, a pé de pista.

Calendario Liga Feminina 2014 - 2015

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence