Deporte Galego

A Deputación de Ourense entrega mochilas-botiquín para os clubs de baloncesto en Ourense

  • 21 Octubre 2014 |
A Deputación de Ourense entrega mochilas-botiquín para os clubs de baloncesto en Ourense
(Foto: Deputación de Ourense)

(Info: Deputación de Ourense) O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, fixo entrega este luns no Pazo provincial ao presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó; e á secretaria da delegación en Ourense, María José Varela, de medio cento de mochilas-botiquín que a Deputación pon a disposición dos clubs de baloncesto da provincia de Ourense que participan nas distintas categorías da Copa Deputación.

Esta entrega súmase á realizada por parte da Deputación o pasado mes de setembro á Delegación da Federación Galega de Fútbol en Ourense doutras 100 mochilas-botiquín, que foron destinadas a todos os clubs que participan na Copa Deputación de Fútbol.

Con este acto a Deputación de Ourense quere amosar o seu apoio e colaboración co deporte provincial. Ademais dos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios as mochilas-botiquín están equipadas con férulas inchables que se empregan para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence