Deporte Galego

I Torneo "LUGO É BASKET"

  • 16 Setembro 2014 |

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e da Federación Galega de Baloncesto, estrea o I Torneo LUGO É BASKET, cita na que se enfrontarán catro equipos da liga Adecco Oro en formato cuadrangular.

Os equipos presentes na cidade da Muralla serán o local CB Breogán, Leyma Basquet Coruña, Club Ourense Baloncesto e o CB Valladolid. Os catro disputarán os encontros de semifinais o día 20 de Setembro, e o terceiro e cuarto posto, máis a correspondente final, o día 21; todo na pista do Pazo dos Deportes.
 
O cadro de enfrontamentos ofrecerá a seguinte orde:
 
20/09/14
(18:00 h) Leyma Basquet Coruña - CB Valladolid
(20:30 h) CB Breogán - COB Ourense
 
21/09/14
17:00 - 3º e 4º posto
19:30 - Final
 
Acceso ao Torneo
Os afeccionados que desexen desfrutar do I Torneo LUGO É BASKET poderá facelo adquirin as súas entradas a un prezo de 5 € para cada partido, tendo a posibilidade de mercar un bono para os catro partidos, con un custo de 10 € para menores de 18 anos, e 15 € para maiores. 
Os tíckets xa se poden adquirir no local comercial “Élide”, na propia cidade de Lugo  (Ronda de Xosé Castiñeira,15).
 
Como atractivo, indicar que todos os que merquen o bono para os catro partidos entrarán no sorteo de dúas prendas deportivas asinadas polos xogadores do Ribeira Sacra Breogán.
 
Os minis galegos, convidados
A organización do Torneo convida a todos os xogadores e xogadoras de minibasket galegos a achegarse, completamente de balde, a  asistir a calquera dos partidos do torneo. Simplemente deberán solcitalo previamente vía mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
 
volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence