Deporte Galego

Campus de Verán 2014 Santo Domingo Betanzos

  • 12 Xuño 2014 |

Unha edición máis chega a proposta do Campus de Verán de Santo Domingo Betanzos. Do 23 ao 28 de xuño, en horario de mañá desde as 09:00 h ata as 14:00 h, celebrarase a sétima edición deste evento estival, dirixido a un amplo marxe de idades: nenos e nenas nados nos anos 2006, 2007 e 2008 (baby basket), 2002, 2003 e 2004 (minibasket) e 1997, 1998, 1999, 2000 e 2001 (Baloncesto).

Santo Domingo de Betanzos presenta un nutrido grupo de atractivos que farán do seu Campus unha cita moi interesante, destacando as sesións de mellora a cargo dos adestradores do propio club e doutros técnicos galegos convidados para a ocasión.

Os participantes vivirán ademais outro tipo de actividades lúdico deportivas que completarán a parcela da diversión. Así mesmo, recibirán a visita dos xogadores EBA da disciplina do club e de xogadores de diferentes clubs galegos.

Inscrición
Todos os interesados en formar parte deste VII Campus de Verán 2014 Santo Domingo de Betanzos poden acceder á web oficial do club na que se detallan, polo miúdo, os requisitos a cumprir para este proceso e as actividades ás que dá dereito á mesma.

Salientar que os xogadores do club organizador ou escolas vinculadas, así como os socios da institución, poderán gozar dunha cota de inscrición reducida.

Web oficial: www.santodomingobetanzos.com

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence