A Comisión Executiva da FEB designou as sedes dos Campionatos de España de Clubs das dúas próximas tempadas. Tamén hai sede confirmada para as tres próximas edicións do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.
O Concello de Marín, coa colaboración de Club Baloncesto Marín Peixegalego, volverán a ser anfitrións esta temporada 22 - 23 dun Campionato de España de Clubs: o Infantil Feminino.
Galicia será sede tamén para esta categoría, en masculino e feminino, na vindeira temporada 23 - 24.