Selección Galega Cadete Feminina 2022
- 02 Octubre 2013 |
- Sección: Adxuntos
A Federación Galega de Baloncesto concretou este martes, da man dos clubs implicados nas Copas Galicia de categoría Sénior Feminina e EBA, cal será o sistema de competición para cada unha delas nesta 2013 - 2014.
- A axenda dos Clínics Zonais, que xa abriu Vigo no mes de agosto, continua en marcha esta fin de semana en Ourense e Lugo (o sábado, 14), Arousa e A Coruña (ambos, o domingo 15).
- Pola súa banda, os Comités de Ferrol e Santiago agardan a súa cita para o último terzo do presente mes de setembro.
A "Aula Formativa do Adestrador Galego" terá este fin de semana, na XXVIII edición da Fase Final da Copa Galicia, un marco de excepción para levar a cabo as súas dúas primeiras convocatorias da temporada 2013 - 2014.
- A Fase Final da XXVIII edición desta Copa reunirá no Multiusos Fontes do Sar, os días 21 e 22 de setembro, a Río Natura Monbus, C.B. Breogán, Básquet Coruña e Club Ourense Baloncesto.
- Os catro equipos veranse as caras baixo un formato de competición de semifinais e final, que, neste caso, organiza a Federación Galega de Baloncesto coa colaboración do Obradoiro CAB.
A continuación, cumprindo co habitual proceder de cada semana, comunicamos os datos referidos aos encontros da Copa Galicia nas súas categorías Júnior, Cadete, Minibasket e Infantil. Vivindo, esta última categoría, a súa xornada de estrea.
A actividade desenvolverase este sábado, 21 de setembro, en Santiago de Compostela, no marco da Fase Final da XXVIII Copa Galicia Sénior Masculina.
Río Natura Monbus e C.B. Breogán veranse as carás mañá, domingo 22 de setembro, (12.30 h, Multiusos Fontes do Sar) na Final da XXVIII Copa Galicia tras vencer esta tarde de sábado as súas respectivas semifinais ante Club Ourense Baloncesto e Leyma Básquet Coruña.
Consulta aquí o resultado e estatísticas:
FINAL - 22/09/13
Rio Natura Monbus - C.B. Breogán
(20 - 22, 13- 16, 16 - 9, 18 - 13) (67 - 60)
(12.30 h) (Multiusos Fontes do Sar)
(Árbitros: Miguel Ángel Pérez, Carlos Cortés, Jacobo Rial)
A Federación Galega de Baloncesto fai público un novo calendario para a Copa Galicia de categoría EBA, motivado este pola renuncia de Asociación Baloncesto Ourense (ABO) a participar na competición establecida nun inicio.