Deporte Galego

Jorge González Marqués, designado para a XXXIV Copa do Rei de Baloncesto en Cadeira de Rodas

  • 08 Marzo 2012 |

A XXXIV Copa do Rei de Baloncesto en Cadeira de Rodas contará en pista cun árbitro galego, un colexiado acostumado a ser parte deste tipo de citas de entidade. Estamos a falar de Jorge González Marqués, internacional en baloncesto adaptado dende o ano 2009 e adscrito ao Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB) dende fai 25 anos.

Marqués recibiu na tarde deste luns a súa designación para a Copa por parte da Federación Española de deportes de persoas con Discapacidade Física. Con esta notificación o vigués pasa a formar parte do cadro de colexiados que dirixirán a 25 edición deste evento, a celebrar en Getafe entre o 24 e o 25 de marzo.

O noso colexiado será parte importante dunha competición na que se verán as caras os oito mellores equipos españois do momento, disputándose os cuartos e as semifinais na xornada do sábado 24, e a final e 3º e 4º posto na do domingo. En liza, ademáis dos vigueses do Aldasa Amfiv, estarán os equipos: Fundación Grupo Norte, Fundosa ONCE, Servigest Burgos, C.I.D. Casa Murcia Getafe, BSR Las Palmas de Gran Canaria, Mideba Extremadura e Clínicas Rincón Amivel.

Máis boas novas
Pero as alegrías non cesan con esta designación. Se a presenza de Jorge Marqués nunha nova edición da Copa do Rei é un logro máis que engadir á súa xa de por sí destacada traxectoria como árbitro de baloncesto adaptado, en camiño chegan novidades positivas.

Experimentado como poucos - cun total de 11 participacións ás súas costas neste torneo do KO, así como cinco en Campionatos de España de Autonomías - en vindeiras datas poderá sumar outro aliciente para o seu currículo, o de participar na Copa André Vergauwen (Valladolid desde o 26 ao 29 de abril), a 2º competición máis importante a nivel europeo neste deporte.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence