Deporte Galego

7 Colexiados Autonómicos Galegos para os Campionatos de España de Clubs

  • 25 Abril 2023 |

A Federación Galega de Baloncesto é a terceira Federación Autonómica con maior representación arbitral autonómica nestas citas nacionais na presente temporada.

A FGB, a través do seu Comité Galego de Árbitros, contará nesta 22 - 23 coa representación de sete colexiados de categoría autonómica nos diferentes campionatos de España de Clubs. A nosa Comunidade achega así unha cifra que a sitúa, unicamente, tras Andalucía e Cataluña na designación de árbitros autonómicos nestas citas clave de Baloncesto de Formación FEB ao máis alto nivel. 

Os compañeiros e compañeiras de categoría autonómica que estarán presentes nos diferentes campionatos, dos que algún caso xa coñecemos en cal convocatoria participarán en concreto, son:

Iago Leal -  Campionato de España Júnior Feminino.
David Canosa. 
Sergio Álvarez 
Elena Bosch
Victor González Wisniowski 
Javier Moya
Aarón Vilán

Traballo Previo
Os sete intensificarán a súa preparación para esta recta final da temporada cunha charla técnica CGAB á que están convocados este mesmo martes 25. Na mesma estarán presentes tamén compañeiros FEB con experiencias recentes e pasadas en Campionatos nacionais. Eles, que a modo de referencia aportarán a súa visión persoal e claves deportivas son: Guillermo Ríos (Árbitro FEB Grupo 1), Manuel Seijo (Árbitro FEB Grupo 2), Elio Clavería (Árbitro FEB Grupo 3) e Daniel L. Illán (Árbitro FEB Grupo 3). Agradecer a súa colaboración! 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis