Deporte Galego

Dobre designación galega para a Copa da Raíña 2023

  • 22 Febreiro 2023 |

A Copa dá Raíña disputará a súa edición de 2023 na cidade de Zaragoza e farao coa presenza dun equipo arbitral composto por 12 integrantes, e con dous colexiados galegos entre eles: Paula Lema e Jacobo Rial

Será a finais do próximo mes de marzo cando a Copa da Raíña 2023 lance ao aire o seu balón inaugural na pista central do Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza. Unha competición que se converterá no epicentro do baloncesto nacional durante catro días e que conta con dobre designación galega.

Paula Lema e Jacobo Rial participarán dun equipo arbitral que se completa con dez compañeiros que, como ambos os dous, contan con ampla traxectoria e experiencia en eventos nacionais:

Paula Lema Parga (Galicia)
Jacobo Rial Barreiro (Galicia)
Cristina Adán Rodríguez (Madrid)
Javier Ávila Zurita (Andalucía)
Mikel Cañígueral Novella (Comunidade Valenciana)
Daniel Checa Nebot (Zaragoza)
Mariángeles García Crespo (Andalucía)
Carlos Javier García León (Castilla la Mancha)
Enrique López Herrada (Andalucía)
Rodrigo Panca Page (Madrid)
Sandra Sánchez González (Cataluña)
Francisco J. Zafra Guerra (Comunidade Valenciana)

A competición terá lugar entre o 30 de marzo e o 2 de abril, e poderemos seguir a súa evolución a través de Teledeporte.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis