Deporte Galego

Cursos de Iniciación á Arbitraxe: 12 Convocatorias para o mes de setembro

  • 05 Agosto 2022 |

A programación 2022 - 2023 para os Cursos de Iniciación para árbitros e oficiais de mesa xa está en marcha! O Comité Galego de Árbitros (CGAB) activa as primeiras convocatorias de Cursos da temporada, as cales se realizarán integramente de xeito PRESENCIAL e apostando por levar a cabo cursos nas sete delegacións zonais FGB.

Setembro será o mes que dará o pistoletazo de saída, realizándose neste mes dous Cursos en cada delegación con diferentes datas. Cada curso estenderase durante un total de NOVE HORAS: SEIS de ambito téorico e TRES de carácter práctico. Durante as mesmas, o cadro de técnicos do CGAB acompañará aos alumnos e alumnas nos seus pasos iniciais no mundo da arbitraxe, abríndolle as portas a un mundo no que o Baloncesto pero tamén a aprendizaxe e as experiencias persoais enriquecedoras son protagonistas

CALENDARIO

O calendario de cursos para cada Delegación ofrece diferentes posibilidades: 

Delegación Coruña:

Convocatoria - 12/09/22 (de 17:00 h a 20:00 h) e 13/09/22 (de 17:00 h a 20:00 h) 

Convocatoria - 21 e 22/09/22

Delegación Vigo: 

Convocatoria - 12/09/22 (de 18:30 h a 21:30 h) e 13/09/22 (de 18:30 h a 21:30 h)

Convocatoria - 21 e 22/09/22

Delegación Lugo:

Convocatoria - 23 e 24/09/22

Delegación Ourense:

Convocatoria - 14/09/22 (de 18:15 h a 21:15 h) e 15/09/22 (de 18:15 h a 21:15 h)

Convocatoria - 23 e 24/09/22

Delegación Ferrol:

Convocatoria - 14/09/22 (de 17:00 h a 20:00 h)  e 15/09/22 (de 17:00 h a 20:00 h).

Delegación Santiago:

Convocatoria - 16/09/22 (de 17:00 h a 20:00 h) e 17/09/22 (de 10:00 h a 13:00 h) 

Convocatoria - 26 e 27/09/22

Delegación Arousa:

Convocatoria - 16/09/22 (de 18:00 h a 21:00 h) e 17/09/22 (de 10:00 h a 13:00 h) 

Convocatoria - 26 e 27/09/22

A localización concreta de cada un dos cursos darase a coñecer en vindeiras datas.

INSCRICIÓN

A inscrición en cada unha destas convocatorias xa está aberta e pode realizarse a través do seguinte FORMULARIO, onde xa se especifican todos os pasos a levar a cabo para completar a mesma. O proceso para levar a cabo esta inscrición, p pago da cota (25 euros por alumno) así como os detalles que dan vida ao Cursos de Iniciación á arbitraxe 2022 - 2023 poden consultarse na Guía 2022 - 2023 dos Cursos CGAB

Así mesmo, para recabar información ao detalle ou dúbidas sobre esta nova programación dos Cursos podes poñerte en contacto vía mail en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence