Deporte Galego

Dobre representación arbitral galega na Copa ACB 2022

  • 18 Febreiro 2022 |
Dobre representación arbitral galega na Copa ACB 2022
(Fotos: AEBA)

Día de debut para os colexiados galegos na copa ACB que este ano ten lugar en Granada entre os días 17 e 20 de febreiro. Tras a intensa apertura do torneo, que contou este xoves coa representación galega por parte do CB Breogán, deixando unha grande imaxe na súa derrota ante o Real Madrid (73 - 67); a quenda chega agora para os colexiados galegos Carlos Cortés e Miguel Ángel Perez.

A participación de ambos abrirase este venres na segunda xornada da Copa, tomando parte cada un nun duelo diferente da rolda de cuartos de final.Carlos Cortés formará parte do trío arbitral que dirixirá a partir das 18.30 h a Valencia Basket e UCAM Murcia. Pola súa banda, Miguel A. Pérez fará o propio a partir das 21.30 h no Barça - Baxi Manresa.

macortes

A designación de ambos para esta edición 2022 da Copa ACB suma unha nova experiencia ao máis alto nivel no seu palmarés, sendo a undécima Copa do Rei para Cortés e a décimosexta a no caso de Pérez Pérez. A súa participación, así como a presenza do CB Breogán nesta Copa, son de recoñecer por parte do Baloncesto Galego.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis