Aberto o Prazo de Inscrición para o IV Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa.
Marcado para celebrarse entre os días 12 e 16 do presente mes de novembro, ambas datas incluídas; a cuarta convocatoria da temporada para os cursos “online” do CGAB toma como ferramenta base o Campus formativo “online” FGB para, a través do mesmo, e coa máxima felxibilidade temporal posible, ofrecer aos alumnos os conceptos base das tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo,acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación e mecánica arbitral.
O proceso necesario para solicitar a inscrición neste IV Curso é o seguinte:
1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“Caixabank”).
2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.
3. Tramitar rexistro de alta na "Plataforma online FGB" e, posteriormente, unha vez validada esta; solicitar a subscrición no curso correspondente: "3º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa 2018 - 2019".
Para completar o mesmo ou resolver dúbidas en torno á dinamica do curso permanece aberta unha liña de contacto coa propia FGB vía Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..