Deporte Galego

Formación arbitral en iniciación: convocatoria presencial en Pontevedra

  • 03 Abril 2018 |
Formación arbitral en iniciación: convocatoria presencial en Pontevedra
(Foto: FEB/Agencia LOF)

O Comité Galego de Árbitros activa a convocatoria inmediata dun novo curso de carácter presencial para a formación en iniciación arbitral con sede, neste caso, na cidade de Pontevedra.

Marcado para comezar o vindeiro luns, nove de abril; esta nova oportunidade formativa está orientada a todas aquelas persoas vinculadas aos clubs da zona, comprendendo neste caso á Delegación Zonal FGB en Arousa.

As instalacións da Sala de Exposicións da Casa das Campás – Sede do Vicerreitorado do Campus de Pontevedra acollerán a carga lectiva teórica deste curso, impartida por colexiados de categorías FEB e Autonómica e repartida no calendario do seguinte xeito:

09/04/18 (19:30 h -21:30 h) Presentación. Acta de Xogo.

10/04/18 (19:30 h -21:30 h) Regras de Xogo (I).

11/04/18 (19:30 h -21:30 h) Regras de Xogo (II).

12/04/18 (19:30 h -21:30 h) Introdución a Plataforma de xestión arbitral. Práctica de Acta.

16/04/18. (Pavillón Universitario) (16.00 h – 18.00 h) Parte Práctica.

Todos os interesados en inscribirse ou solicitar información poden facelo vía mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ata o domingo, oito de abril. O acceso ao curso e a propia participación serán completamente gratuítas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence