Os colexiados galegos Carlos Cortés e Miguel Ángel Pérez Pérez participarán na 82º edición da Copa do Rei, cita que comeza mañá xoves, 15 de febreiro; nas Palmas de Gran Canaria, e se estenderá ata o domingo, 18.
Os nosos dous representantes internacionais FIBA forman parte da lista de 12 colexiados que a ACB vén de designar para esta nova edición do torneo do KO. Ambos os dous suman así unha nova participación nesta competición, rexistrando no seu haber 15 edicións Pérez Pérez, e un total de oito Carlos Cortés.
Os compañeiros que vivirán esta nova edición da copa xunto a eles son:
José Antonio Martín Bertrán: 23 edicións.
Daniel Hierrezuelo: 20 edicións.
Juan Carlos García González: 15 edicións.
Antonio Conde: 15 edicións.
Emilio Pérez Pizarro: 10 edicións.
Carlos Peruga: 9 edicións.
Benjamín Jiménez: 9 edicións.
Fernando Calatrava: 5 edicións.
Luis Miguel Castillo: 1 edición.
Jordi Aliaga: 1 edición.