Deporte Galego

IX Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

  • 17 Xaneiro 2018 |

O Comité Galego de Árbitros activa o prazo de inscrición para a derradeira convocatoria da temporada relativa á formación online en iniciación, cita didáctica que se convertirá na novena da vixente temporada, pechando ademais a Programación 2017 - 2018 dos Cursos de carácter “On Line” do CGAB.

Marcado para iniciarse o vindeiro 22 de xaneiro, e con continuidade os días 23, 24, 25, 26, 29, 30 e 31 deste mesmo mes, a través da PLATAFORMA ONLINE FGB, este IX curso proporcionará a posibilidade de instruirse nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros. Esta formación levarase a cabo en base a unha programación teórico práctica posta xa en marcha ao longo de toda esta temporada por aqueles alumnos que xa pasaron por esta experiencia de xeito previo.

Requisitos e inscricións

O prazo de inscrición para esta derradeira convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o propio 22 de xaneiro (ás 12.00 h) sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir os pasos habituais: 

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na PLATAFORMA ONLINE FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no 9ª curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa-2ª ed Oct 2017".

A dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence