O Comité Galego de Árbitros despide este ano 2017 coa celebración do seu “Clínic de Nadal”, cita habitual no ecuador de cada temporada deportiva. Os árbitros autonómicos do Grupo 1 CGAB e Grupo Sub 23 reuniranse este xoves, 28 de decembro; nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, en Santiago de Compostela; baixo a tutela do Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o Coordinador Autonómico deste colectivo, Fran Guillamet.
Todos os colexiados citados a comparecer nesta convocatoria serán partícipes do seguinte programa, que se levará a cabo en horario de tarde e que contará tamén coa colaboración na súa execución dos coordinadores arbitrais das diferentes Delegacións zonais FGB:
Programación Stage Nadal – 28/12/17
(18.15 h) Incorporación.
(18.30 h) Revisión de Criterios.
(19.45 h) Test de Regras.
(20.15 h) Probas Físicas.
(21.30 h) Fin da actividade.