Aberto o prazo de inscrición para a VIII convocatoria da temporada para a formación online en iniciación no marco do Comité Galego de Árbitros.
Esta nova cita didáctica englóbase na Programación 2017 - 2018 dos Cursos “On Line” CGAB, dos que únicamente restan dous por celebrar e cuxas datas podes consultar AQUÍ.
Marcado para iniciarse o vindeiro 8 de xaneiro, e con continuidade os días 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17 deste mesmo mes, a través da plataforma online FGB, o Comité Galego de Árbitros proporcionará con este VIII curso a posibilidade de instruirse, en base a unha programación teórico práctica, nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.
O prazo de inscrición para esta 8º convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o vindeiro 7 de xaneiro, sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir estes pasos:
1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).
2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.
3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no 8 curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa-2ª ed Oct 2017".
A dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.