Deporte Galego

Formación arbitral en iniciación: convocatoria presencial en Lugo

  • 09 Novembro 2017 |

O Comité Galego de Árbitros, a través da Delegación zonal FGB en Lugo, promove a celebración dun curso de iniciación de carácter presencial, a celebrar na propia cidade da Muralla, os vindeiros días 27, 28, 29 e 30 de novembro, e 4 de decembro, contando como sede coas instalacións da Casa do Deporte Lucense.

A participación nesta convocatoria será aberta e completamente de balde para todas aquelas persoas vinculadas aos clubs da provincia de Lugo que desexen participar, facéndoo previo envío dun email solicitando a súa inscrición, antes do 24 de novembro; a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

O programa lectivo a levar a cabo neste formato presencial estará comandado por colexiados de categoría ACB e FEB, como profesores; e comprenderá un total de 5 días de aulas, sendo un deles eminentemente práctico. Os mesmos, repartiranse do seguinte xeito:

27/11/17

(19:00 h - 19:30 h) Presentación Funcionamiento do Comité; A figura do Árbitro/Oficial en formación.

(19:30 h - 20:00 h) Os Equipos; O árbitro e os Oficiais, e as súas funcións.

(20:00 h - 21:00 h) Introdución ás Regras de xogo.

28/11/17

(19:00 h - 20:00 h) Introdución á labor dos Oficiais de Mesa.

(20:00 h - 21:00 h) Acta, reloxo de posesión e de partido.

29/11/17

(19:00 h - 21:00 h) Violacións e Faltas.

30/11/17

(19:00 h - 20:00 h) Mecánica Arbitral.

(20:00 h – 21:00 h) Criterio (Visualización de xogadas).

4/12/17

(20:00 h – 22:00 h) Prácticas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis