Deporte Galego

A Escola Galega de Árbitros activa "Xornada multidiscipinar"

  • 27 Abril 2017 |

Xornada de concentración e traballo para a Escola Galega de Árbitros (ESGAR). O proxecto didáctico do CGAB, do que forman parte un total de 16 alumnos nesta temporada 2016 – 2017, celebra o vindeiro luns, 1 de maio; a súa anual cita multidisciplinar.

A ESGAR reunirá en Compostela, nas instalacións do colexio Manuel Peleteiro, aos 16 integrantes da súa promoción 2017 e a colexiados zonais e autonómicos para, xunto a eles, levar a cabo un día completo de convivencia, formación e reciclaxe de contidos.

Esta Xornada Multidisciplinar contará coa presenza e participación de profesionais do ámbito do baloncesto con recoñecido prestixio, que acompañados, polo propio Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; e o xefe de estudios da ESGAR, Jacobo Rial; trasladarán aos colexiados máis novos asdiferentes perspectivas da tarefa de arbitrar.

Nesta liña, comprometidos coa labor da Escola estarán:

Alejandro Vaquera. Responsable da parcela de Preparación Física dos Árbitros Internacionais da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). Catedrático en Ciencias da Actividade Física e Deporte pola Universidade de León.

Jesús Carballo. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, sección Psicología, especialidade: psicopatoloxía e psicoterapéutica. Profesor- titor na UNED. Centro asociado de Ourense de asignaturas do Departamentos de Psicoloxía Básica I e Psicobioloxía da Facultade de Psicoloxía.

Moncho Fernández. Adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro (Liga Endesa).

Leticia Fernández. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Responsable da Área de Saúde da Federación Galega de Baloncesto.

O Programa completo da xornada, desfrutando no mesmo das intervencións destes convidados especiais, comprenderá a quenda de mañá e a de tarde:

(09:30 h) “A preparación física do árbitro – deportista” (Alejandro Vaquera).

(11:00 h) “Aspectos prácticos da preparación” (Alejandro Vaquera).

(12:00 h) Descanso.

(12:30 h) “Xestión de conflitos - Toma de decisión”. (Jesús Carballo)

(14:15 h) Descanso.

(16:30 h) “Aspectos básicos de táctica en defensa e ataque”(Moncho Fernández).

(17:45 h) Descanso.

(18:00 h) Pautas básicas de saúde e coidado en deportistas. SALÓN (Leticia Fernández).

(19:15 h) Clausura

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis