A Federación Galega de Baloncesto bate récord de representación arbitral nos Campionatos de España que se celebrarán nos vindeiros meses de abril, maio e xuño.
Nove colexiados galegos, todos de categoría autonómica CGAB, configuran esta plusmarca consolidando a Galicia como importante referente entre as designacións para as citas de baloncesto base nacional, competicións que se formulan como fonte de detección e formación dende a área arbitral da Federación Española de Baloncesto.
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket
(San Fernando, 8 ao 12/04/17)
Adrián Álvarez (Vigo)
Daniel Rivas (Arousa)
Campionato de España Júnior Masculino
(Bilbao, 30/04/17 a 6/05/17)
Elio Clavería (Ourense)
Campionato de España Júnior Feminino
(Burela, San Ciprián e Viveiro, 07-13/05/17)
Iván Escariz (Arousa)
Selene Pérez (Ferrol)
Campionato de España Infantil Masculino
(Cambados e Vilanova de Arousa, 11-17/06/17)
Andrés Esteban (Lugo)
Víctor Mera (Vigo)
Campionato de España Infantil Feminino
(Marín, 11-17/06/17)
Tania Diéguez (Arousa)
Jonathan Sobrino (A Coruña)