A Federación Galega de Baloncesto dá un paso máis na proxección da arbitraxe. A entidade federativa, a través do seu Comité de Árbitros, estrea un programa de captación activa de árbitros e oficiais de mesa a través dos clubs galegos.
Baixo acordos de colaboración mutua, a FGB e diferentes clubs da Comunidade porán en marcha este mecanismo de fomento da área de árbitros e oficiais para o baloncesto autonómico.
Os clubs Carmelitas Vedruna e Bosco Salesianos estrean este martes, sete de febreiro, esta campaña de promoción, asinando, en ambos caso, sendos convenios na busca de accións inminentes de traballo en prol da promoción da arbitraxe.
A rúbrica de ambos documentos celebrouse esta mañá na cidade das Burgas da man do secretario de Carmelitas Vedruna; Julio Feijoo; e, no caso da Agrupación Deportiva Bosco, por parte do seu Presidente, Mariano Castaño. A sinatura federativa materializouna por partida dobre o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez.
Mariano Castaño, Presidente da Agrupación Deportiva Bosco, sellando o acordo coa FGB
Esta paso dado na Delegación de Ourense contará tamén con réplicas e apoios noutras zonas de Galicia, nas que diferentes clubs manteñen xa conversas coa FGB para entrar de cheo a formar parte desta iniciativa.
Promoción, in situ
O Director Técnico do GACB e colexiado oficial FIBA, Miguel Ángel Pérez; aproveitou a súa visita este martes a Ourense para trasladar a promoción directamente, en persoa, a os alumnos e alumnas do Colexio Salesianos.
Xunto a eles, e acompañado tamén polo colexiado ourensán Guillermo Ríos; afondou, en dúas sesións diferenciadas, na labor do árbitro e dos oficiais de mesa, dando a coñecer os principais alicientes e motivacións que rodean a este colectivo, imprescindible para o baloncesto e o Deporte.