Febreiro, escenario para un novo Curso de Iniciación “ON LINE” para árbitros e oficiais de mesa.
Dende o día un deste mes, e ata o día nove; o CGAB formará a novos aspirantes a árbitros e oficias de mesa a través do Campus didáctico on line da Federación Galega de Baloncesto.
O Comité Galego de Árbitros activa a VII convocatoria do Curso “On Line” de iniciación á formación como árbitros e oficiais de mesa 2016 - 2017. Todos os interesados a introducirse nesta faceta do baloncesto poden facelo a través desta nova cita formativa, a cal se levará a cabo a través do Campus on line FGB, ferramenta estreada esta temporada e que está a dar moi bos resultados.
Este VII curso levarase a acabo entre o un de febreiro e o dóa nove do mesmo mes, permanecendo xa aberta a posibilidade de inscrición no mesmo, debendo realizar, antes do 31 de xaneiro, o seguinte proceso previo:
Os pasos concretos e indispensables a seguir para formar parte deste VI Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa son:
1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).
2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.
3. Inscrición na plataforma online FGB e posterior inscrición no “Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa – Febreiro´ 17".