Deporte Galego

COPA LEB PRATA: Adrián Iglesias, nas Designaciones arbitrais para a final

  • 17 Xaneiro 2017 |

(info: FEB) O Palacio dos Deportes de Granada poñerá en xogo na noite do próximo sábado 21 (19h) o primeiro título oficial da tempada na Liga LEB Prata cunha final de Copa que fixou tanto a súa data e hora como a designación do equipo arbitral que dirixirá o encontro, entre os que se atopa un galego.

A Liga LEB Prata poñerá en xogo durante o próximo fin de semana o primeiro título oficial do recentemente estreado 2017 coa disputa da XVII edición da Copa LEB Prata (21 de xaneiro).

Unha cita que irá desgranando os seus diferentes detalles durante as últimas semanas e que xa coñeceu no día de hoxe tanto aos compoñentes do que será o seu equipo arbitral como o nome do comisario designado para o encontro que enfrontará ao Covirán Granada e ao HLA Lucentum.

O experimentado Juan Gabriel Carpallo Miguelez (Castilla e León) exercerá como árbitro principal acompañado de Alejandro López Lecuona (País Vasco) e do membro do Comité Galego de Árbitros, Adrián Iglesias Ambrosio.

XVII COPA LEB PLATA:

Encontro: Covirán Granada vs HLA Lucentum

Data: Sábado 21 de xaneiro / Hora: 19:00 h.

Pavillón: Palacio dos Deportes (Granada)

Equipo arbitral:

- Juan Gabriel Carpallo Miguelez (Castilla e León)

- Alejandro López Lecuona (País Vasco)

- Adrián Iglesias Ambrosio (Galicia)

- Comisario: Miguel Ángel Palenzuela Pastrana

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis