Deporte Galego

A formación arbitral chega ás Ligas Special Olympics Galicia

  • 13 Decembro 2016 |

O Comité Galego de Árbitros e Special Olympics Galicia activan o I Curso de formación para árbitros destinados a dirixir actividades organizadas por Special Olympics Galicia, orientadas estas a persoas con discapacidade intelectual da nosa Comunidade Autónoma.

Estreitando os lazos que unen a ambas as institucións, e buscando reforzar a estrutura das competición promovidas no marco da súa colaboración, nestas datas de Nadal, en concreto os días 26 e 27 de decembro; FGB e FADEMGA realizarán o "I curso de formación presencial para árbitros de baloncesto - Special Olympics"

Na sede da propia FADEMGA, en Santiago de Compostela, os técnicos do Comité Galego de Árbitros impartirán este curso, achegando as bases e criterios da arbitraxe a todos os interesados en dar un paso máis neste ámbito e colaborar activamente con Special Olympics Galicia e co Club Deportivo FADEMGA nas súas ligas e nos diferentes encontros autonómicos que promovan.

A participación neste curso será de balde, previo cumprimento da inscrición precisa e dos requisitos básicos esixidos para a mesma: ser maior de 18 anos e colaborador en entidades sociais.

As solicitudes de inscrición neste I Curso de formación presencial para árbitros destinados ás actividades Special Olympics Galicia deben enviarse vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do 21 de decembro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis