Deporte Galego

V Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

  • 30 Novembro 2016 |

Aberto o proceso de inscrición para o V Curso de Iniciación “ON LINE” para árbitros e oficiais de mesa, convocatoria didáctica que comezará o vindeiro 14 de decembro.

O Comité Galego de Árbitros activa a V convocatoria da temporada para o seu Curso “On Line” de iniciación á formación como árbitros ou oficial de mesa.

Todos os interesados e aspirantes a dar un novo paso como novos árbitros ou oficias de mesa poderán facelo a través do Campus on line FGB nun curso que dará comezo o vindeiro 14 de decembro e se estenderá ata o día 23 deste mesmo mes.

A dinámica, requisitos e proceso a seguir para todos os alumnos detállase no apartado de información do Curso dentro da propia plataforma, a cal require inscrición previa.

A inscrición nesta convocatoria debe tramitarse baixo estos parámetros antes do próximo luns, 12 de decembro; ás 14:00 h.

Os pasos concretos e indispensables a seguir para formar parte deste V Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa son:

1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (La Caixa).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición na plataforma online FGB e posterior inscrición no “Curso de Iniciación - Árbitros e Oficiais de Mesa – Decembro".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence