Deporte Galego

O Comité Galego de Árbitros abre campaña de Captación en colaboración con Caixabank

  • 08 Novembro 2016 |
O Comité Galego de Árbitros abre campaña de Captación en colaboración con Caixabank
(Foto: Colexio NS Esperanza)

O Comité Galego de Árbitros renova a súa aposta pola captación. O colexio arbitral da FGB, da man de CaixaBank como seu principal patrocinador, inaugurou este luns, 7 de novembro; o seu proxecto de detección de árbitros e oficiais de mesa, unha campaña que visitará preto dun centenar de colexios de toda Comunidade Autónoma para conversar cos estudantes sobre baloncesto e arbitraxe.

A estrea deste proxecto tivo lugar na cidade de Vigo, sede ata a que se desprazou o director técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez; para compartir cos alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria do Colexio NS Esperanza os valores que a arbitraxe e a labor dos oficiais de mesa fomentan: Deportividade, respecto ás normas e traballo en equipo.

Pérez Peréz trasladoulles aos rapaces e rapazas a súa experiencia como colexiado internacional e o esforzo, traballo diario e satisfacción que supón crecer dende a base nunha tarefa como é a da arbitraxe.

MA Perez NSE 9

Esta xuntanza mantida pola cabeza do CGAB con escolares galegos é a primeira dun amplo programa de visitas a centros escolares que, de xeito inmediato, recalará agora en A Coruña, o vindeiro día 18 de novembro nos Institutos Agra do Orzán e IES Monte Moas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis