Deporte Galego

A Escola Galega de Árbitros arrinca o ciclo 2016 - 2017

  • 31 Octubre 2016 |

A Escola Galega de Árbitros de Balonceso abre as súas postas por segundo ano consecutivo. O proxecto, xa coñecido como ESGAR, comeza este mes de novembro un novo curso no que un total de 14 alumnos, todos colexiados menores de 24 anos, continúen a crecer na súa formación e afronten con maiores garantías a súa proxección no mundo da arbitraxe.

Este nova edición da Escola Galega de Árbitros de Baloncesto presentou o pasado vernes, 28 de outubro; o ciclo 2016 – 2017, o cal repite a fórmula exitosa e pioneira da pasada temporada: un elenco de profesores e colaboradores de alto nivel e un alto grao de implicación de todos os alumnos.

O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros; Miguel Ángel Perez; e o Xefe de estudos da Escola, o colexiado ACB Jacobo Rial; abriron o curso contando co apoio e presenza dos que serán os seus pupilos, así como do Presidente FGB, Paco Martín; e un dos profesores máis recoñecidos dos que a Escola poderá disfrutar este ano; o adestrador de Rio Natura Monbus, Moncho Fernández.

Captura de pantalla completa 31102016 184551

Os catro remarcaron a "sorte que supón para o Baloncesto Galego" contar cunha plataforma como é a ESGAR, unha fonte de novos valores para a arbitraxe, unha parcela indispensable para o deporte.

Pérez Pérez, como cabeza visible do proxecto, agradeceu tamén o apoio de Caixabank, valedor principal deste proxecto e personalizado nesta posta de longo por Miguel Mallón, representante da Oficina da entidade en Compostela.

Arroupando a apertura da Escola compartiron tamén a estrea cos 14 alumnos a Responsable de saúde da FGB, Leticia Fernandez, e o Xogador de Rio Natura Monbus, Txemi Urtasun. Ambos, simbolizando dúas facetas vitais do noso deporte, animaron aos rapaces e rapazas a aproveitar a inmellorable oportunidade que o CGAB lles brinda.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence