A Área de Árbitros da Federación Española de Baloncesto vén de comunicar a boa nova da designación do galego Dani Pazos (Grupo FEB 1 e adscrito á categoría LEB) para a dirección do partido inicial do Play Off final de Liga Feminina, cita que enfrontará a Perfumerías Avenida e Spar Citylift Girona o vindeiro mércores, 13 de abril (20:30 h); en Salamanca.
O representante CGAB, con ampla experiencia xa neste tipo de finais e promocións polo título ao máis alto nivel FEB, comparte designación co seu compañeiro andaluz, Germán Morales.