O #Mini2016 chegou ao seu fin. E con el a traxectoria da expedición galega nas pistas de San Fernando. O bo papel deportivo das Seleccións Galegas compartiu protagonismo cunha parcela algo esquecida nestes casos pero imprescindible tamén para poder desfrutar dun Campionato de España. Referímonos á faceta arbitral, desempeñada para Galicia neste #Mini2016 polos colexiados Andrés Esteban e Iván Escariz.
Ambos, metidos de cheo na expedición galega como un máis, viviron tamén o seu particular campionato, coas súas persoais “derrotas e vitorias” deportivas, pero marcados por unha experiencia que a nivel de aprendizaxe vale o seu peso en ouro.
A eles, convencidos da necesidade de dar a coñecer polo miúdo o que supón o traballo dun colexiado nun evento destas características, pedímoslles que compartiran con nós o seu propio “Diario”. E así o fixeron.
Accederon a amosarnos como o día a día dun árbitro nun campionato de España revélao como o que realmente é: un deportista completo que vive o baloncesto ao máximo.
Aquí deixamos xa os seus “Diarios”, agradecendo a súa implicación.