Deporte Galego

Forte pegada do CGAB na "Copa do Rei A Coruña´16"

  • 18 Febreiro 2016 |

Fin de semana de sólido traballo e disfrute para a arbitraxe galega. A celebración en A Coruña desde este mesmo xoves da Copa do Rei permite poñer en acción a diferentes estamentos do Comité Galego de Árbitros.

A cidade herculina vivirá ata este domingo, 21 de febreiro; unha nova edición da Copa do Rei, contando neste caso, ademais de coa participación de Obradoiro CAB, coa presenza de dous colexiados galegos entre os seus protagonistas.

O Director Técnico do CGAB e internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o tamén internacional Carlos Cortés, repiten designación nesta competición copeira, na cal xa suman un total de 12 e 6 edicións, respectivamente. De novo, todo un recoñecemento á súa traxectoria no baloncesto de máximo nivel.

"Minicopa Endesa"

Pero o atractivo desta edición 2016 da Copa do Rei comparte atención coa “Minicopa Endesa”, evento paralelo cargado de particular atractivo e, este ano, con marcado acento galego.

Nesta cita, e como imprescindibles para a súa correcta posta en marcha, tomarán parte desde o venres un total de 18 colexiados do CGAB, designados en exclusiva para a ocasión xunto aos diferentes oficiais de mesa do propio Comité Zonal Coruñés que os acompañarán en cada partido.

O broche de ouro a esta cita coa competición Infantil de máis alto nivel no ámbito dos clubs contará tamén coa impronta do CGAB da man da presenza do colexiado CGAB de Grupo1, Iván Escariz, entre o trío de árbitros que comandarán o encontro final (domingo, 21 de febrero - 12.15 h)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence