Deporte Galego

Formación: a arbitraxe galega busca novos valores

  • 20 Xaneiro 2016 |

O Comité Galego de Árbitros activa a IV convocatoria de formación on line para a Iniciación nas tarefas de colexiado e oficial de mesa.

Marcando este novo curso para os días 28 e 29 de xaneiro e 1, 2, 3, 4 e 5 de febreiro, o CGAB renova a súa aposta polo método "on line" para introducir as aspirantes a árbitros e oficiais na dinámica e materias precisas para entrar en contacto coa arbitraxe: Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras.

Xestionando a conexión a través dun enderezo electrónico, os alumnos afrontarán 14 horas lectivas titorizadas e distribuídas en horario de tarde, a decidir no inicio do Curso.

Inscrición
Os interesados en participar neste IV Curso “on line” de iniciación á arbitraxe dispoñen de dúas vías de inscrición: vía mail a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB.

En ambos os casos, deberán presentar o xustificante do pago previo da cota actual do curso: 20 euros prezo xeral e 10 euros para todas aquelas persoas que conten con licencia FGB. (Ingreso: ES27 2100 1455 11 0200136257 - “la Caixa”).

A data límite para tramitar este proceso está marcada no vindeiro mércores, 27 de xaneiro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence