Deporte Galego

Galicia, valor en alza para as designacións arbitrais na Copa do Rei

  • 12 Febreiro 2015 |

Galicia confirma unha temporada máis a súa sólida presenza nas designacións oficiais para a Copa do Rei de Baloncesto, cuxa edición 2015 terá lugar do 19 ao 22 de febreiro en Gran Canaria.

Acadando a particular marca de 11 e 5 participacións neste torneo, respectivamente; no presente ano volverán a ser parte activa do mesmo os galegos Miguel Ángel Pérez (Director Técnico do CGAB, internacional FIBA, con 15 temporadas en ACB e máis de 500 partidos nesta Liga) e Carlos Cortés (Internacional FIBA e con 9 temporadas ACB abrindo o seu amplo currículo internacional).

Ambos os nosos dous representantes reciben de novo a posibilidade de formar parte da lista de 12 colexiados que a ACB designa para esta cita copeira, exixente competición, sen lugar a dúbidas. Xunto a eles completan o grupo: Juan Carlos Arteaga (Canarias), Fernando Calatrava (Valencia), Antonio Conde (Andalucía), Juan Carlos García González (País Vasco), Daniel Hierrezuelo (Andalucía), Benjamín Jiménez (Andalucía), José Antonio Martín Bertrán (Cataluña), Óscar Perea (Cataluña), Emilio Pérez Pizarro (Castilla La Mancha) e Carlos Peruga (Aragón).

XXXVII Copa del Rei de Baloncesto en Cadeira de Rodas

2777

A segunda boa nova que as designacións copeiras deixan nestes días para a arbitraxe galega ven da man da XXXVII Copa do Rei de Baloncesto en Cadeira de Rodas, a celebrar en Valladolid do 20 ao 22 do presente mes de febreiro.

Neste caso, a experiencia autonómica correrá a cargo de Jorge González Marqués, internacional nesta disciplina; e de Manolo Fernández. Ambos, á súa vez, tamén integrantes e colaboradores do noso Comité Galego de Árbitros.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence