Deporte Galego

CGAB: a formación “on line” regresa en 2015

  • 15 Xaneiro 2015 |

O Comité Galego de Árbitros prosegue neste novo ano coas súa oferta formativa en iniciación a través da vía “on line”, un formato que está a dar, dende o seu inicio, positivos resultados.

A partir do 2 de febreiro, e sumando a quinta convocatoria consecutiva, actívase un novo curso para acoller aos aspirantes a colexiados e oficiais de mesa que desexen participar.

Co requisito imprescindible de dispoñer de acceso a ordenador e conexión a Internet, os alumnos afrontarán unha carga lectiva de 14 horas distribuidas en aulas virtuais.

As materias impartiranse en quendas titorizadas con horarias de mañá ou tarde e, todas elas, coa base didáctica dunha plataforma virtual adaptada ás materias e á flexibilidade horaria que os alumnos precisen.

Proceso de Inscrición
Os interesadas en solicitar a súa inscrición nesta V convocatoria "On Line" poden facelo a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB. Mediante ambas as vías estará aberta a posibilidade de informarse ou anotarse, todo ata o vindeiro 03 de febreiro.

No caso da inscrición deben entregar a ficha de alta, que achegamos xunto a esta información, e o xustificante de pago da cota actual dos cursos: 20 euros (a ingresar de xeito previo na conta ES27 2100 1455 11 0200136257 de la Caixa).

Lembrar que o Comité Galego de Árbitros establece en 20 a cifra indispensable de alumnos para poder dar inicio ao curso. En caso de non contar con esta garantía, non se levará a cabo a actividade.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence