Deporte Galego

Clínic de Nadal: broche á programación CGAB 2014

  • 22 Decembro 2014 |

O Comité Galego de Árbitros convoca o seu Clínic de Nadal. O vindeiro domingo, 28 de decembro, os colexiados galegos adscritos ao Grupo FEB, Grupo 1 FGB e Grupo Sub 23 FGB comparecerán en Santiago de Compostela para, durante unha completa tarde de traballo, realizar as pertinentes Probas Físicas e test teóricos.

A axenda de actividade prevista reunirá a un total de 70 colexiados nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro, entidade que repite como sede para esta cita de Nadal, colaborando así co CGAB por segundo ano consecutivo.

O peso organizativo e técnico do esquema de traballo ao que farán fronte os árbitros galegos correrá a cargo do seu Director Técnico, Miguel Ángel Pérez. O colexiado internacional FIBA, e que recentemente ven de sumar 500 encontros en Liga ACB, guiará as diferentes charlas e sesións, sempre co apoio do seu cadro de colaboradores.

No documento que se achega remitimos a orde horario dos diferentes puntos que tocará este Clínic de Nadal, o cal despide un intento ano para o Comité Galego de Árbitros.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence