Deporte Galego

Pérez Pérez pitará o seu encontro 500 como árbitro da Liga Endesa

  • 04 Decembro 2014 |
Pérez Pérez pitará o seu encontro 500 como árbitro da Liga Endesa
Foto: Luis García

(info: acb.com) O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez; dirixirá esta próxima fin de semana o seu encontro 500 como árbitro da Liga Endesa, unha cifra que nos serve como escusa para manter unha interesante conversación.

Miguel Ángel Pérez Pérez cumprirá este domingo 500 encontros como árbitro da Liga Endesa. O gaditano, que se mudou fai case unha década a terras galegas, observa a cifra con serenidade: "Non son unha persoa que celebre este tipo de aniversarios. Aínda que é unha cifra que comeza a asustar, realmente aprecio o día a día da competición".

Pérez Pérez, que arbitrará o Iberostar Tenerife-A Bruixa d'Or Manresa, si recorda algún dos seus fitos como xuíz, como o seu primeiro encontro ACB. un Breogán-Estudantes do ano 99, pero non se queda con ningún en particular: "Tiven a sorte de arbitrar partidos importantes".

Para o andaluz, a arbitraxe é moito máis que colgarse un chifre: "É a miña profesión, a miña vocación... Un dos alicerces da miña vida xunto á miña familia. Apórtame equilibrio, concentración. Valoro moito poder gozar do meu traballo como un hobby". Pérez Pérez confesa que "se pasan bos e malos momentos" como árbitro. "Dos malos, apréndese; dos bos, gózase", engade.

Xunto a el, Jacobo Rial e Carlos Cortés son os tres colexiados galegos da Liga Endesa, unha cifra que invita a unha reflexión: "Por tradición de baloncesto, Galicia merecíao. Pasamos de non ter ningún a ser tres, no meu caso por cambio de domicilio".

Como se inicio na arbitraxe? "Empecei bastante tarde. Xogaba con 25 anos na terceira competición nacional e estudaba á vez, pero non puiden compaxinalo. Ao pasar como árbitro, os xogadores respectábanme bastante porque coñecía o xogo. Iso facilitoume a labor".

E do pasado ao futuro. Miguel Ángel Pérez Pérez quere seguir gozando da arbitraxe, pero sobre todo centrarse "en facer sempre o meu traballo o mellor posible, porque o resto son decisións que non dependen dun mesmo". Por exemplo pitar nuns Xogos Olímpicos: "Como digo, non depende de min, pero si hai esa ilusión".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence