Deporte Galego

CGAB: cuarta convocatoria para a formación de Iniciación “on line”

  • 20 Novembro 2014 |

O Comité Galego de Árbitros prosegue co seu ritmo constante no que á captación e formación de novos colexiados e oficiais de mesa se refire. Por cuarto mes consecutivo, abre a vía da iniciación “on line”, programando un novo curso destas características nos días: 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18, 19, 22 e 23 de decembro.

Co único requisito para os alumnos de dispoñer de ordenador e conexión a Internet, calquera persoa coa intención de converterse en árbitro ou oficial de mesa atopará nesta convocatoria "on line" todas as facilidades posibles.

Un bloque de 14 horas de aulas virtuais, distribuídas en quendas horarias de mañá ou tarde, centraliza a dinámica didáctica deste IV Curso, no que se darán a coñecer as bases da faceta arbitral e do traballo de oficiais de mesa, ámbito do que pasarán a formar parte unha vez superen o curso.

Non faltará a titorización CGAB oficial durante todas as sesións do curso, impartido este mediante unha plataforma que adapta as materias á flexibilidade horaria que precisen os alumnos.

Inscrición
Os interesadas en tramitar a súa inscrición neste IV Curso "On Line" poden facelo dende este mesmo intre, e ata o nove de decembro; a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB.

En ambos casos deben entregar a ficha de alta, que achegamos xunto a esta información, e o xustificante de pago da cota actual dos cursos: 20 euros (a ingresar de xeito previo na conta ES27 2100 1455 11 0200136257 de la Caixa).

Lembrar que o Comité Galego de Árbitros establece en 20 a cifra indispensable de alumnos cos que se dará inicio a cada convocatoria. En caso de non contar con esta base, non se levará a cabo a actividade.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence