Deporte Galego

CGAB: VII Xornada Técnica para os colexiados galegos

  • 31 Octubre 2014 |

O Comité Galego de Árbitros afronta unha nova cita coa formación. No marco da Fase Final da Copa Galicia Minibasket, a celebrar este sábado, 1 de novembro; en Vilagarcía; o CGAB afonda na súa sétima xornada técnica da temporada.

Baixo o esquema habitual deste tipo de actividades didácticas, un total de oito colexiados pertencentes ao Grupo 1 e Grupo Sub 23 traballarán en equipo sobre a parcela técnica e, á súa vez, serán os encargados de dirixir os encontros da propia Fase Final. Os convocados para este propósito son: Iván Escariz (Arousa), Andrés Esteban (Lugo), Jaime Álvarez (Santiago), Alejandro Sobrino (Coruña), Javier Antonio Villar (Santiago), Laura Piñeiro (A Coruña), Tania Diéguez (Arousa) e Adrián Álvarez (Vigo)

A xornada contará co control do colaborador técnico FGB, David Guillán; e coa presenza, xa habitual neste tipo de eventos; do Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; así como do coordinador autonómico deste organismo, Fran Guillamet.

Plus formativo da man da FEB
Esta VII xornada contará ademais co valor engadido da visita do Coordinador da Área Arbitral da Federación Española de Baloncesto, Pedro Rocío; O representante FEB compartirá cos árbitros galegos as súas impresións sobre as tarefas técnicas que leven a cabo e integrarase nos aspectos de debate e resolución de dúbidas.

Designacións Copa Galicia Minibasket: 01/11/14

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence