Deporte Galego

Iniciación “on line” á arbitraxe: nova convocatoria en novembro

  • 28 Octubre 2014 |

Nova oportunidade para achegarse á formación “on line” para a iniciación na área da arbitraxe. O Comité Galego de Árbitro convoca un novo curso destas características, cuxo inicio está marcado para o vindeiro 5 de novembro e terá lugar ao longo de 10 xornadas: 5, 6, 7, 10, 11, 12, 13, 14, 17 e 18 de novembro. 

Co único requisito para os alumnos de dispoñer de ordenador e conexión a Internet, calquera persoa coa intención de converterse en árbitro ou oficial de mesa atopará nesta convocatoria "on line" todas as facilidades posibles.

A través dun total de 14 horas de aulas virtuais, distribuídas en quendas horarias de mañá ou tarde, os interesados poderán coñecer polo miúdo as bases da faceta arbitral e do traballo de oficiais de mesa, ámbito do que pasarán a formar parte unha vez superen o curso.

Contando coa titorización axeitada durante todo o percorrido do curso, o CGAB ofrece unha plataforma na que adaptar a aprendizaxe a flexibilidade horaria que os alumnos demanden, seguindo as materias da programación oficial: regras de xogo, anotador, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral.

Inscrición
Aquelas persoas interesadas en ser parte desta nova cita coa formación "on line" do CGAB dispoñen de dúas vías para tramitar a súa inscrición: o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB.

En ambos casos, os inscritos deberán achegar o xustificante de pago da cota actual dos cursos de iniciación do CGAB: 20 euros, a ingresar de xeito previo ao curso na conta ES27 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa).

Salientar que o Comité Galego de Árbitros establece en 20 o número mínimo e indispensable de alumnos cos que se dará inicio a cada curso. En caso de non rexistrarse esa cifra, non se levará a cabo a actividade.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence