Deporte Galego

O CGAB abre as súas Xornadas de Tecnificación e Perfeccionamento

  • 03 Octubre 2014 |

O Comité Galego de Árbitros inaugura esta fin de semana o programa de tecnificación e formación continua correspondente á vixente temporada 2014 – 2015.

No marco das Fases Finais da Copa Galicia en categoría Júnior e Cadete, a celebrar este sábado 4 e domingo 5 de outubro, un total de 16 colexiados e catro técnicos participarán da apertura anual deste proceso de formación continua.

Repartindo o traballo en catro xornadas, que transcorrerán de xeito paralelo a cada unha das indicadas Fases Finais, os árbitros designados afondarán en cuestións teóricas e prácticas, combinándoas coa dirección dos propios encontros oficiais da competición.

O plan horario para cada Convocatoria, así como os participantes citados para estas son os seguintes:

Fase Final Cadete Masculina: Tui
04/10/14 - Pavillón Municipal de Tui.
Colexiados: Adrián Álvarez, Víctor Mera, Elio Clavería e Xurxo García.
Técnico CGAB: José Antonio Godoy.

Fase Final Cadete Feminina: Lugo
04/10/14 - Pazo Provincial dos Deportes
Colexiados: Andrés Esteban, Paula García, Laura Piñeiro e Alejandro Sobrino.
Técnico CGAB: Fran Guillamet.

Fase Final Júnior Masculina: Lugo
05/10/14 - Pazo Provincial dos Deportes 
Colexiados: Jaime Álvarez, Ivan Escariz, Manuel Seijo e Jonathan Soriano.
Técnico CGAB: Fran Guillamet.

Fase Final Júnior Feminina: Pontevedra
05/10/14 - Pavillón de Maxisterio
Colexiados: Tania Diéguez, Patricia Díez, Saray Fornos e Veva Piñeiro.
Técnico CGAB: David Guillán.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence