Deporte Galego

Proseguen os Clínics Zonais no CGAB: Santiago, Vigo, Lugo e A Coruña na axenda semanal

  • 24 Setembro 2014 |

O Comité Galego de Árbitros segue a cubrir as primeiras convocatorias da súa planificación anual. Dando saída á temporada coa realización dos diferentes Clínics Autonómico e Zonais, o CGAB está a sentar as bases técnicas e prácticas da presente temporada deportiva.

Se nos pasados días demos conta do Clínic Autonómico, no que traballaron os colexiados do Grupo 1; e dos Clínics para os árbitros dos Grupos 2 e 3 de Arousa e Ourense, nesta semana serán os seus compañeiros de Santiago, Vigo, Lugo e A Coruña os que cumpran este requisito.

Empezando por Compostela, onde esta mesma tarde de mércores se reunen os colexiados locais, o programa semanal do Comité Galego neste apartado contempla a seguinte orde:

Santiago - 24/09/14 (Pavillón Municipal de Pontepedriña)
19:30 h Proba Física: Couse Navette / Regras de Xogo e Normativa.

Vigo - 26/09/14 (Colexio San Miguel)
20:00 h Charla administrativa
20:30 h Regras de Xogo
21:25 h Test Teóricos
22.00 h Probas Físicas

Lugo 27/09/14 (Pavillón Casa do Deporte)
10:00 h Probas Físicas Árbitros.
11:00 h Oficiais de Mesa

A Coruña 28/09/14 (Polideportivo Sagrada Familia).
18:00 h Proba Física: Couse Navette / Regras de Xogo e Normativa.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence