Deporte Galego

Ourense e Arousa abren os Clínics de Pretemporada nos Comités Zonais do CGAB

  • 19 Setembro 2014 |

Os colexiados galegos do Grupo 2 e Grupo 3 pertencentes ás Delegacións de Ourense e Arousa inauguran esta fin de semana a axenda do CGAB no que ao apartado de clínics de pretemporada zonais se refire.

Continuando a liña marcada a pasada fin de semana no Clinic Autonómico, no que compareceron os colexiados do Grupo 1, son agora os seus compañeiros os chamados a reunirse e abordar as cuestión técnicas e de criterio máis importantes de cara á presente temporada.

Os citados árbitros dos Comités de Ourense e Arousa inician este sábado 20 e domingo 21, respectivamente; un rolda de reunións nas que as sete Delegacións FGB deben levar a cabo as correspondentes probas físicas e teóricas de carácter arbitral. Así mesmo, porán en común as posibles cuestións que suscite a normativa vixente.

O programa para estes dous primeiros Clínics é o seguinte:

Ourense - 20/09/14
09:30 h Normativa
11:00 h Test Teórico Árbitros
11:45 h Test Teórico Oficiais de Mesa
12:00 h Probas Físicas (Pavillón Universitario)

Arousa - 21/09/14
09:45 h Probas Físicas (Pavillón Fontecarmoa)
10:30 h Test Regras de Xogo
11:15 h Normativa.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence