Deporte Galego

2º Convocatoria da temporada para a formación arbitral "on line"

  • 19 Setembro 2014 |

O Comité Galego de Árbitros abre convocatoria para un novo curso de iniciación á arbitraxe a través da formación “on line”. Esta nova acción didáctica, a segunda da temporada 2014 – 2015, ofrece a posibilidade de dar os primeiros pasos como árbitro ou oficial de mesa e aprender, polo miúdo, os detalles desta labor.

Deseñado para levarse a cabo entre os días: 8, 9, 10, 13, 14, 15, 16, 17, 20 e 21 de outubro, o 2º Curso “On Line” da 2004 – 2015 cubrirá un total de 14 horas nas que, a través do ordenador de cada aspirante e coa plataforma axeitada, impartiranse as materias precisas relativas a Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral.

Os alumnos poderán escoller entre dúas quendas horarias diferentes para as aulas, en horario de mañá ou de tarde; e contando en cada unha delas coas titorización axeitada por parte dos colaboradores do CGAB, así como cunha atención específica ás dúbidas e cuestións.

A presenza dos alumnos na cancha unicamente será necesaria en tres ocasións (6 horas), ubicándose como pistas de traballo as marcadas polas diferentes delegacións zonais FGB. Posteriormente, a avaliación dos coñecementos virá da man dun test on line e dunha imprescindible proba física, ambos de carácter non eliminatorio

Inscrición
Os interesados en tramitar a súa inscrición nesta convocatoria dispoñen de dúas vías para facelo, permanecendo xa activos para tal fin o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou a xestión persoal no departamento arbitral de cada Delegación zonal FGB.

En ambos casos, os inscritos deberán achegar o xustificante de pago da cota estipulada (20 euros). A conta bancaria oficial para este proceso é: ES27 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa).

A indicada inscrición poderase levar a cabo ata o vindeiro 30 de setembro, data esta inclusive.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence