Deporte Galego

O aspecto mental, obxectivo no Clínic CGAB

  • 16 Setembro 2014 |

O Comité Galego de Árbitros suma esta temporada un novo ámbito ao que prestar especial atención na secuencia formativa e de crecemento dos seus colexiados. No seu foco de atención permanece xa a parcela psicolóxica e a súa relación co traballo arbitral, unha labor sempre a ter en conta, antes durante e despois de cada partido.

Rubén Domínguez, Adestador do A.D. Cortegaga en Liga Feminina 2 e Coordinador da Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo (UPCD) foi o vínculo perfecto para, no marco do Clinic de Pretemporada CGAB”, trasladar aos colexiados galegos a importancia do aspecto psicolóxico no seu traballo.

O técnico compartiu cos colexiados galegos boa parte do seu Clínic de pretemporada e xunto a eles puxo en común aquelas inquedanzas que relacionan deporte e ámbito mental. A súas sensacións tras este encontro, as que a continuación trasladamos, dan conta do necesario da interrelación entre os diferentes actores do noso baloncesto.

“O sábado tiven a oportunidade de compartir dous momentos cunha parte do colectivo de árbitros que exercen o seu importante labor na FGB. Pola mañá, como adestrador, asistín á presentación por parte de Miguel Ángel Pérez sobre os criterios arbitrais que se establecen sobre cada acción do xogo. Foi moi interesante refrescar conceptos do regulamento e das situacións para, como adestrador, axudarme na miña labor e na das miñas xogadoras. Foi unha ledicia ver como nun mesmo espazo compartían moitos adestradores con moitos árbitros opinións, dúbidas que seguro contribuirán á mellora do noso baloncesto. 

Pola tarde, como coordinador da Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo, compartín coñecementos do ámbito da psicoloxía dirixidos a mellorar a labor arbitral. O obxectivo principal era facer conscientes ao colectivo do importante que é a súa preparación mental para a súa faceta arbitral. A sorpresa foi maiúscula cando Miguel Ángel Pérez, presentou a miña intervención como consecuencia da demanda dos árbitros nun do seu últimos clinics.

Durante toda a charla agradecín a excelente atención do colectivo, que amosou un gran interese polos diferentes aspectos que se trataron, a motivación e a necesidade de establecer obxectivos, influencia do nivel de activación no seu rendemento como árbitros, os beneficios das rutinas para axudalos na súa preparación para afrontar a competición, o proceso de toma de decisións e como se pode mellorar para ter unha maior capacidade de reacción e de acerto.

Ademais destes aspectos, compartín con eles cales eran as demandas máis habituais dos adestradores con respecto á interacción adestrador-arbitro para intentar tomar ambos colectivos maior conciencia e compromiso para mellorar a nosa comunicación durante os partidos e o respecto entre ambos colectivos.

Para min foi unha gran experiencia e agardo que poidamos repetila, seguir compartindo coñecementos e experiencias que nos permitan avanzar a todos e contribuír a mellorar o noso deporte e paixón, o baloncesto.”

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence