Deporte Galego

Recoñecemento do CGAB a Fran Huete

  • 16 Setembro 2014 |
Miguel Ángel Pérez, José Manuel Villamarín e Fran Huete  no emotivo intre do recoñecemento
Miguel Ángel Pérez, José Manuel Villamarín e Fran Huete no emotivo intre do recoñecemento

O Comité Galego de Árbitros rendeu este domingo, 14 de setembro; acto de gratitude a un dos seus integrantes, na hora da súa despedida da arbitraxe en competicións FEB.

En Lugo, no marco da final da XXIX Copa Galicia Sénior Masculina e entre o aplauso do público asistente e dos seus propios compañeiros, o colexiado ourensán Francisco Huete recibiu unha sentida homenaxe pola súa traxectoria e adicación ao baloncesto.

Huete tivo a oportunidade de recoller de mans do Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; e do Vicepresidente FGB, José Manuel Villamarín; unha placa agasallo de todo o colectivo e da propia Federación Galega. Todo un detalle para agradecer os seus anos de compromiso para coa arbitraxe tanto a nivel autonómico como nacional.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence