Deporte Galego

Comité Galego de Árbitros: pistoletazo de saída á temporada

  • 15 Setembro 2014 |

Satisfactoria primeira cita coa temporada 2014 – 2015 para o Comité Galego de Árbitros. A celebración esta fin de semana en Lugo do seu Stage de pretemporada deixa aos colexiados galegos nas mellores condicións para afrontar a exixencia das diferentes competicións.

Clínic de Pretemporada CGAB: Galería de Imaxes. 

"O Aspecto Mental: obxectivo no Clínic CGAB"

Ao longo das xornadas do sábado 13 e domingo 14 de setembro, o total de árbitros galegos de Grupo 1 e Grupo Sub 23 tomaron parte dun programa de actividades cuxo núcleo central veu da man das pertinentes probas físicas e teóricas, aspectos ambos que colleitaron resultados positivos co rexistro de APTOS nun 96,5 % e 91%, respectivamente.

Estas facetas física e teórica compartiron protagonismo coa reflexión e a convivencia. Debates en clave analítica e psicolóxica abordáronse entre todos os presentes, guiados sempre polo Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez. A presenza do máximo responsable do Comité, e a colaboración prestada polo persoal técnico e colaboradores habituais do CGAB, outorgou un plus ao propio carácter formativo do Clínic.

Ampliar fronteiras
O Stage de Pretemporada CGAB ofreceu tamén aos adestradores galegos a posibilidade de ser peza clave e ter voz para por sobre a mesa as principais cuestións de criterio deportivo e arbitral que prevalecen na actualidade.

IMG 7317

Baixo o formato de charla – coloquio, corenta adestradores galegos responderon a esta oferta e, xunto aos árbitros convocados, debateron e clarificaron aspectos da normativa e competicións actuais.

Tanto técnicos como colexiados formaron un támden do que extraer sempre informes positivos e poder darlles forma durante o ciclo 2014 – 2015. Por diante, resta xa toda unha temporada para poñelos en práctica.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence